Definición de CONTO de Rafael Dieste

Le o texto e explica cales son as características que debe reunir un conto, segundo expón Rafael Dieste no limiar  da súa obra Dos arquivos do trasno.  

"A unidade emotiva consíguese no conto pola obsesión do que ten que sobrevivir.

O remate debe ter a virtude de facer simultáneas no espirtítu as imaxes que foron sucesivas.  

A presencia do remate debe estar atafagada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato. 

O remate é unha imaxe que fai estoupar o conto nas palabras derradeiras, despois de inzalo poderosamente. 

O conto é unha pelica na que se sente o pulso dunha imaxe contida. O conto é un remuíño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas todas mergulladas na mesma luz."

Comentarios

Publicacións populares