UN ALFABETO PARA A MIÑA LITERATURA



Logo de ler o texto de Bernardo Atxaga temos que escribir unha columna con cada unha das letras do noso alfabeto, a continuación debemos procurar unha palabra que comece con cada unha das nosas vinte e tres letras (deben ser substantivos, adxectivos, adverbios e verbos). Por último, escribiremos unha oración con cinco das nosas palabras que teña sentido para a nosa actividade.

O meu exemplo é: O meu pai ensinoume a saborear a nosa literatura coma un xeado.

Lembra que o resto de categorías de palabras que non sexan substantivos, adxectivos, adverbios ou verbos non computan, é dicir, podemos introducir todos os determinantes, artigos, posesivos, pronomes, preposicións ou conxuncións que precisemos sen que sumen.

Comentarios

Publicacións populares